Xoan Anleo e McElheny amosan no CGAC unha crítica á obra de arte

Arte friccional

Xogo, ironía, dualidade... a crítica da obra da arte, e cada un cos seus métodos. Un galego, Xoán Anleo, e un americano, Josiah McElheny, exhiben un parello sentido da ironía e unha crítica e cuestionamento á obra de arte en si mesma. E a cita con ambos autores está no CGAC, onde onte se estrearon estas mostras. E de mostra imos ata a sala da Autoridade Portuaria de Ferrol, onde o escultor e pintor García Patiño plasma nos seus cadros seus estados de ánimos coas cores. E para rematar, un anticipo. Trátase do nóbel Gao Xingjian que expoñerá na Coruña unha das súas facetas menos coñecidas, a pintura.

Inauguracións




Josiah McElheny aterra no Estado Español. E a súa primeira recalada é no Centro Galego de Arte Contemporánea, onde se exhibirá unha pequena retrospetiva deste artista do vidro. A primeira planta do CGAC parecerá ata o día 6 de xuño un museo de artes decorativas con botellas de cristal que xogan con formas e coas cores, un "xogo de tensión e intensidades" como explicou o comisario da mostra, Fernández Cid.
Pero son pezas que teñen máis historia que a súa propia forma ou cor, porque ese xogo que fai o americano son reproduccións personais (é dicir, feitas baixo a súa propia mirada e óptica) de pezas históricas ou de fragmentos de obras pictóricas, nas que aparecen como ilusión do pintor.

E no piso de abaixo, o CGAC acolle a obra de Xoán Anleo que ofrecerá a través de debuxos, fotografía, vídeo,
vinilos e instalacións unha pequena revisión do que é toda a súa traxectoria artística. Unha mostra que ten como punto en común a necesidade de xuntar ficción e realidade, son as súas "Friccións".












Patiño no Ferrol



É pintor e escultor pero máis ben parece un psicólogo do artista. García Patiño que considera que "o artista cando vive momentos de optimismo ou de depresión reflícteo na súa obra", como se a variedade cromática fose quen de plasmar o ánimo do autor. E para coñecero os estados de García Patiño, a sala da Autoridade Portuaria de Ferrol acaba de inagurar unha mostra súa, conformada por trinta cadros e dez esculturas, coa que quere recoller e explicar a súa obra artística.





Xingjian na Coruña


É máis coñecido porque no 2000 obtivo o premio Nobel de Literatura. Sen embargo o escritor chinés Gao Xingjian tamén foi pintor. E unha mostra da súa obra (que foi pintanda entre 1962 e 1990) poderase ver na Coruña no Museo de Belas Artes dno 23 de maio. Trátarase dunha mostra formada por 34 acuarelas realizadas con materiais tradicionais (papel de arroz, pinceles e tinta china).

Unha obra que está inspirada na filosofía zen e que comparte características co estilo da súa literatura. Por iso os seus cadros establecen a súa escitura entre o sono, a fantasía e a realidade.

A principal innovación é trasladar a técnica do óleo á tinta china e así conseguir unha maior riqueza de tonos. Para o autor de "A montaña da alma" a pintura é a súa verdadeira vocación, sendo a literatura un hobby, un luxo.