A Fundación para o Fomento do Mar inicia os trámites para recuperar un galeón de Rande

José Enrique Lechuga estará á fronte da investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Santo Cristo de Maracaibo é un dos galeóns da Batalla de Rande que se atopan afundidos na ría de Vigo. Desde onte é o obxectivo da Fundación para o Fomento do Mar (Fomar), entidade conformada por varios ministerios, o Instituto Español de Oceanografía e o alcalde de Vigo. Segundo un acordo tomado polo padroado de Fomar, a entidade pretende localizar e rescatar o pecio que supoñen se atopa a 500 metros de profundidade para a súa posterior exposición. O investigador José Enrique Lechuga estará ao fronte da prospección que xa se tentara en varias ocasións. De feito o arquelógo Javier Luaces desconsellou a expedición con anterioridade polo estado do galeón.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rande, Ría de Vigo

Claves