Unha nova expedición buscará dez pecios preto das Cíes

O Programa Ofión conta cun buque oceanográfico e cun robot submarino

9/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Localizar e documentar dez pecios, entre eles o do coñecido Santo Cristo de Maracaibo, que se atopan nas proximidades da illas Cíes e de Ons en profundidades inaccesibles para mergulladores. Este é o obxectivo do Programa Ofión, que adianta hoxe o Faro de Vigo. A iniciativa é froito da colaboración entre o Instituto Español de Oceanografía, a Fundación Estatal Iberoamericana para o Fomento da Cultura e das Ciencias do Mar, a Armada, a Real Academia do Mar e a Fundación Paideia. Os investigadores contarán co buque oceanográfico Ramón Margalef e mais co robot submarino Liropus 2000, que permitirá inspeccionar polo miúdo os restos, localizados entre os 50 e os 200 metros de profundidade.

O proceso de documentación fai parte da estratexia do Estado de reclamar a propiedade dos pecios mergullados fronte ás súas costas para evitar o expolio por compañías de cazadores de tesouros.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cíes, Faro de Vigo, Fundación Paideia, Illas Cíes...