A Armada buscará os restos do Santo Cristo de Maracaibo en Vigo

Un acordo entre os ministerios de Cultura e Defensa permitirá a investigación

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O galeón Santo Cristo de Maracaibo afundiu ante as illas Cíes en 1702, supostamente cargado de ouro. Agora, coa intención de evitar saqueos do depósito, os ministerios de Defensa e de Cultura acordaron realizar unha investigación que localice exactamente os restos do barco. Cun investimento de 250.000 euros, o vindeiro verán o cazaminas M31-Segura e o Neptuno empregarán os seus equipos de localización submariña para esta misión. De xeito preventivo, o Goberno Central prohibiu calquera traballo subacuático no ámbito das Cíes.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Ouro, Goberno Central, Illas Cíes

Claves

Entidades
Conceptos