As entidades asociativas representantes destes tres colectivos -Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación Galega de Editores e Federación de Libreiros de Galicia- fixeron onte público un comunicado conxunto no que amosaban a súa “fonda preocupación” pola decisión da nova directiva da CRTVG” segundo a cal fica suprimido este servizo creado en 2005 e nomeadamente pola inmediata supresión do programa Libro Aberto, o único centrado na divulgación e coñecemento da literatura do paÃs. As asociacións agoiran unha falta de visibilidade dos escritores e escritoras en lingua galega e das novidades da produción editorial que poden ser atopadas nas librarÃas. Aproveitan o comunicado as tres asociacións para lamentar outras decisións da Xunta como a derrogación do decreto do galego na educación ou a modificación da Lei de Función Pública para eliminar a proba de galego obrigatoria nos procesos selectivos de acceso á Administración autonómica. A TVG contestou con outro comunicado no que asegura que o equipo directivo está a traballar nunha mellora da oferta cultural de cara ao outono co obxectivo de levar os programas relacionados cos libros,a música, a lingua, a arte, etc., fóra de horarios que puidesen ser considerados residuais para colocalos en franxas centrais do dÃa. Tamén aseguran desde a TVG que están en negociacións cunha persoa “de recoñecido prestixio no mundo das letras galegas” como futuro condutor dun deses programas.