Espertar en cama allea

Nut Teatro reflexiona sobre o concepto de casa e de identidade na súa última montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Artes Escénicas
Compartir:
Espertar en cama allea

Estiveron en Porto co bo sabor de boca de ser recibidos con grande entusiasmo, no Salón Teatro e agora regresan á feira para presentar o seu último espectáculo Wake Up, unha montaxe que respeta os seus sinais de identidade: teatro conceptual, que emprega novas tecnoloxías e que mestura fórmulas máis próximas á arte “realizativa” ou de acción. Entre as peculiaridades deste espectáculo, que redunda na idea da casa e da identidade, as actrices levarán no seu brazo un sensor que xera música ao se mover. Canto máis se movan as actrices, máis ambientación sonora haberá na última aposta desta compañía.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Algún día…

Algún día…

Teatro do Atlántico reflexiona sobre a vida a raíz de catro actrices na súa última montaxe

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Identidade, Teatro, Espectáculo, Feira...