A Fundación Barrié transfórmase para acoller as obras de Sol LeWitt

Sol na Barrié

Unha mostra a medida. Iso é o que achega desde hoxe, doce de xuño, o artista estadounidense Sol LeWitt á sede da Fundación Barrié na Coruña. Pinturas murais, unha estructura de madera, dez guaches e sesenta e dous gravados compoñen unha exposición irrepetible que desaparecerá o quince setembro. Le Witt está considerado coma o mestre do minimalismo e un dos grandes investigadores da relación entre forma e color do século XX.

Mostra única


O recibidor da sede da Fundación Barrié, na Coruña xa dá unha idea do que agarda no interior. Unha estructura de bloques de madeira, co título de Wood Wall, organízanse nunha serie de columnas de diferente altura e orientación, axeitadas ó espacio no que están e realizando un xogo coas luces, as sombras e a propia textura do material.
Os sotos da Barrié teñen tamén un aspecto diferente para esta mostra. Inmensos debuxos murais representando barras de cores en perspectiva isométrica cobren totalmente os muros destes cuartos, envolvendo o espectador e presentado formas imposibles na realidade. Só tres cores primarias, o vermello, o amarelo e o azul, e tres secundarias, o verde o laranxa e o violeta, mestúranse nas diferentes formas que compoñen estes murais.
Nun destes sotos poden verse dez obras realizadas en guaches sobre papel no que se pode ver o desenvolvemento inicial das ideas que despois se transforman en murais e estructuras. Estas obras tamén foron realizadas expresamente por LeWitt . Ademais pódense ver ata sesenta e dous gravados realizados baixo a dirección deste artista nos últimos anos.
Con este xeito de expor, a mostra en si convírtese nunha obra máis de grande importancia na carreira deste autor.
LeWitt dirixiu a realización dos murais e das estructuras durante un mes, sendo os seus axudnates Jo Watanabe e Sachico Cho, onda oito técnicos da fundación os encargados de levar à realidade as ideas do artista.












Desde hoxe



A presentación da mostra, que se realizou onte na Fundación Barrié, non contou coa presencia de LeWitt, que se está recuperando dunha recente operación cirúrxica. Quen si aconderon foron os comixarios da exposición, George Stolz e Francis X. Timotney, que sinalaron a "importancia histórica" desta mostra que se inaugura ás oito da tarde hoxe, trece de xuño. Timotney incidiu na importancia do público na concepción da arte de LeWitt xa que as ideas do artista "nacen da participación do espectador que, ó ollar os debuxos, transfórmanos en arte.
A mostra poderá verse todas as tardes da semana, agás as dos luns, entre as cinco e media e as nove e media, e as fins de semana de doce a dúas pola mañá e entre as cinco e media e as oito e media da tarde.
Ata o trece de setembro desenvolveranse obradoiros específicos para diferentes grupos de idades nos que se empregará a obra de LeWitt para introducir os participantes na arte contemporánea. Estes obradoiros iniciáronse xa durane a preparación da mostra.





LeWitt

Solomon LeWitt naceu en 1928 en Connecticut, estudiando Belas Artes. Nos anos cincuenta visitou europa e participou na Guerra de Corea, incorporándose despois a unha escola de debuxo. Traballo co arquitecto I.M Pei, e nos anos sesenta empezou a traballar no Museo de Arte Moderna (MoMa) de Nova York como recepcionista e dependente, acadando a súa primeira mostra en 1965. Desde entón foise consolidando como unha das máis importantes figuras da arte conceptual e do minimalismo, acadando expor no MoMa unha retrospectiva en 1978. Outra grande retrospectiva que se lle dedicou foi a realizada en 2000 polo Museo de Arte Moderna de San Francisco, que pasou despois por Chicago e Nova York. Nos últimos anos a súa actividade artísica céntrase na realización de exposicións deseñadas para lugares e espacios determinados.