A Xunta recuperará o Pelegrín para o Xacobeo do 2010

O Plan de Promoción terá un custe de case sete millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Pelegrín foi a icona da peregrinación a Santiago nos Xacobeos do 1993, do 1999 e do 2004, e agora tamén a do 2010. Iso sí, actualizada (o que na xerga profesional se chama restyling) para que achegue unha imaxe actual. Esta será, xunto coa promoción na rede (desde as redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti... ata un sitio web propio), as dúas señas de identidade da promoción do Xacobeo. Unha estratexia que foi aprobada onte no Consello da Xunta e que investirá case sete millóns de euros en dar a coñecer o Ano Santo. Entre as medidas destaca a campaña en Google que pretende acadar máis de 600 millóns de visitas á web.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Google, Identidade, Twitter, Facebook...