A editorial Dos Acordes recupera o Quintento Monterrey

O conxunto desenvolveu a súa actividade na Cuba dos anos 30

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O Quinteto Monterrey de José Posada: nos xardíns da Tropical é o título do libro-disco que presenta este venres a editora Dos Acordes na Casa da Cultura de Verín ás 20:15 horas. A obra, resultado dunha investigación do músico Óscar Ibáñez, recupera a historia e o son desta formación de música tradicional que desenvolveu a súa actividade na Cuba a partir dos anos trinta. A obra inclúe gravacións de diferentes temas do grupo, textos introdutorios e outra documentación. No día seguinte á presentación, a Praza Xosé García Barbón de Verín acollerá un concerto de homenaxe ao grupo ás 22:30 horas.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, Casa da Cultura

Claves

Conceptos
Lugares