
Covalblú reúne as experiencias dos seus compoñentes en anteriores grupos, como Sete Saias, Faltriqueira, Quempallou ou Fuxan os Ventos asà como unha alta formación musical de cada un dos seus membros. Son Covalblú Clara Pino (arpa celta e voz), Azucena Castro (violÃn), Alfonso Abel (violoncello e voz), Roi Adrio (percusión) e Rubén Abel (guitarra). Nove dos once temas de MAI son composicións orixinais, e teñen unha versión do tema “Cantiga de desemprego”, do portugués Fausto. Ao concerto deste venres seguiralle unha vindeira parada o 16 de novembro no Fórum Metropolitano da Coruña dentro do ciclo FórumFolk.