A Cidade de Vigo vólcase co Imaxina Sons, o festival de Jazz

O encontro desenvolverase do 25 de xuño ao 5 de xullo

4/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Hai un mes, o Concello de Vigo presentou un avance do que sería a V edición do Imaxina Sons, o seu festival de jazz. Agora xa se coñece o programa na súa totalidade, e nel destaca un interese por achegar este xénero musical a todos os puntos da cidade e para todos os públicos. A antesala do encontro comezará este sábado (6 de xuño) coa Orquestra “A tempo” percorrendo as rúas e prazas da cidade. O núcleo duro terá lugar do 25 de xuño ao 5 de xullo nos que haberá clases maxistrais, concertos noctámbulos, libros e conversa. De entre todo o programa destaca o concerto inaugural coa presenza do saxofonista norteamericano Charles Lloyd que presentara o seu traballo máis recente, Rabo de Nube.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Vigo, Xénero, Concello de Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares