O Imaxina Sons cumpre cinco anos achegando o jazz ao público vigués

A cita terá lugar do 25 de xuño ao 5 de xullo

5/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Naceu co obxectivo de amosar o jazz europeo, incluíndo nesta etiqueta o que se facía en Galicia. Pero non hai máis que botarlle unha ollada ao programa para ver que a quinta edición do Imaxina Sons presta atención ao jazz de todas as procedencias (Europa, América e Galicia) e todas as xeracións. O certame que organiza o concello de Vigo pretende, nesta edición de consolidación, captar a atención da crítica especializada e facerse un oco entre os eventos relevantes de jazz no Estado. Pero todo iso sen esquecer á cidadanía. A sala de concertos de Caixanova, clubes da cidade, as rúas, o MARCO, o Conservatorio... a cidade enteira será escenario, do 25 de xuño ao 5 de xullo, de conferencias, concertos, master-class, mesas redondas para exhibir o mellor jazz do momento.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Concello de Vigo, Caixanova, Europa...