A editora tresCtres acaba de tirar do prelo unha curiosa obra. Esfinxe. Relatos de pensamento creativo, de Carlos L. Medrano, dificilmente se pode inscribir na literatura, aÃnda que os seus textos contan historias. A obra contén unha serie de enigmas das máis variadas temáticas e dificultades, que levan ao lector desde as pontes de Köningsberg ata o último partido de John McEnroe. Xogos mentais clásicos mestúranse con propostas creadas polo propio autor no que, sen dúbida, é unha das obras máis orixinais do panorama editorial. Proba as túas habilidades cun dos enigmas que podes atopar na obra.