Os Clásicos do Pensamento Universal da USC levan o premio á mellor colección universitaria

O XIV Premios Nacionais de Edición Universitaria recoñeceron o traballo do Servizo de Publicacións da Universidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela acaba de ver recoñecido o seu traballo nos XIV Premios Nacionais de Edición Universitaria. En concreto, a serie Clásicos do Pensamento Universal levou o galardón á mellor colección publicada por una entidade deste tipo. O xurado recoñeceu "a coidada edición e a proxección social e valor cultural que supón verter as obras do pensamento universal á lingua galega". A colección, nada en 2002 está dirixida por Darío Villanueva e coeditada coa Fundación BBVA. O premio entregarase o vindeiro mes de novembro no marco da XXX Asemblea Xeral de Editoriais Universitaris, que se celebrará en Almería.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, USC, Darío Villanueva, Lingua galega...