A montaxe de Graham Vick sobre o Ouro no Rin abre o ciclo Ópera no cine

A Radio Televisión Portuguesa cedeu dúas gravacións ao Festival Mozart

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Festival Mozart xa está en marcha. Despois dun dos primeiros pratos fortes, a montaxe de Mitridate que tivo lugar a semana pasada, hoxe comeza unha das súas actividades secundarias: o ciclo Ópera no cine. Un apartado que pretende achegar a ópera noutro formato diferente do habitual, en pantalla grande. A primeira das gravacións proxéctase hoxe na sede da Fundación Caixa Galicia da Coruña ás 19:00 horas. Trátase de O ouro do Rin de Wagner que Graham Vick (escenógrafo homenaxeado nesta edición) proxectou para o Teatro Nacional de Sao Carlos de Lisboa que gravou a Radio Televisión Portuguesa. Entidade que cedeu dúas gravacións ao festival para incorporar a este ciclo gratuíto.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Ouro, Cine, Mozart...