A Sinfónica de Galicia desdóbrase para achegar dúas óperas na apertura do Festival Mozart

O teatro da ópera

14/5/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Grandes artistas, grandes directores de escena, grandes cantantes para interpretar un gran teatro de autor”. Esta é a declaración de intencións que Paolo Pinamonti avanzou sobre esta nova edición do Festival Mozart que comeza o xoves 22 na Coruña. Unha nova liña que aposta, non só por recuperar obras do compositor salzburgués, senón tamén polo carácter renovador da escena lírica do seu tempo. Publicacións, proxeccións pero sobre todo moitos concertos compoñen o cartel desta edición que contará con dúas producións propias: “Cosí Fan Tutte” e “O Rapto no Serrallo”. Ademais, xa se avanzou que a vindeira temporada réndelle homenaxe a Graham Vick, outro dos drandes directores de escena do século XX.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Mozart, Festival Mozart, Teatro...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares