A espectacular escenografía e vestiario de Graham Vick abre o Festival Mozart

O Palacio da Ópera acollerá a representación da Mitridate da Royal Opera House

18/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O Festival Mozart arrinca este xoves na Coruña. Faino con Mitridate Re di Ponto, a primeira ópera italiana que Mozart compuxo con tan só 14 anos. A representación a cargo da Royal Opera House servirá para dar a coñecer o traballo de Graham Vick, escenógrafo homenaxeado nesta edición do festival. O espectacular vestiario e concepto escénico desta montaxe está inspirado nos teatros tradicionais orientais no que os personaxes están caracterizados como semi-deuses. Este é o ambiente no que se conta unha historia de amores, celos, envexas e ansias de poder entre irmáns. Será a primeira das tres óperas en cartel, todas elas con escenografía de Vick, dun festival que se prolonga ata o 14 xuño.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Ópera, Festival Mozart, A Coruña

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares