O portal Ghastas Pista? celebra 10 anos de existencia

Dez anos “ghastando pista”

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A web Ghastas Pista? centrada principalmente na música folk e tradicional celebra tal día como hoxe o seu décimo aniversario. Unha duración bastante sorprendente para a meirande parte dos proxectos en Internet e máis se, tomando en consideración as declaracións da súa responsable Raquel González Gamallo, comezou a facela pensando que sería "algo temporal”. Dun deseño austero e sinxelo, acorde coa súa característica non profesional o portal dá conta de producións discográficas actuais ou descatalogadas, centrándose principalmente no folk pero achegándose a outros estilos fusionados co son de raíz e converténdose nun referente da música tradicional na rede . Na súa nova etapa Ghastas Pista? pretende dar un paso máis alá e artellar unha rede social dentro do portal, arredor da música galega. Non é o único aniversario de hoxe xa que a empresa de servizos culturais Nonsí? que representa a artistas como Nani García, Fuxan os Ventos, Malvela ou Ophiusa celebra dous anos en activo.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Folclore para a verbena

Folclore para a verbena

Os grandes espectáculos consolídanse como xeito de presentar a música tradicional

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Nani García, Internet, Fuxan os ventos

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos