Vellas Artes o novo traballo conxunto de Vaamonde, Lamas e Romero

Os tres son referentes da actual e renovada escena folk a través de outros proxectos

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

Cunha clara chamada á tradición cultural, Vellas Artes titulase o disco que desde hoxe está á venda de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero. Os tres multinstrumentistas, amplamente coñecidos no eido da música tradicional a través de proxectos como Nova Galega de Danza, Luvas verdes e outros, únense neste álbum editado pola discográfica Falcatruada para presentar unha proposta “atrevida pero divertida”. O disco ofrece once cortes, aos que dan en chamar “11 historias musicais” e unha pista audiovisual cun fragmento dun concerto no Parlamento de Galicia. Música tradicional cunha nova vestimenta sofisticada e elegante é que promete unha posta en escena na que a música e a oralidade estean presentes a partes iguais.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Xosé Lois Romero, Danza, Cortes...