Vicente Aliaga reflexiona sobre a sexualidade no CGAC

A mostra colectiva estará aberta ata o 20 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vicente Aliaga reflexiona sobre a sexualidade no CGAC

Dous anos despois de A batalla dos xéneros, Vicente Aliaga regresa ao Centro Galego de Arte Contemporáneo para volver reflexionar sobre a diversidade sexual na arte. Nesta ocasión a mostra (En todas as partes. Políticas da diversidade sexual na arte) fai un repaso cronolóxico sobre os diferentes momentos e recepción social da sexualidade (desde a represión dos sesenta ata o momento actual, pasando polos anos oitenta nos que a desinformación da SIFA fomentou a homofobia), e a súa relación coa arte. Neste sentido, as 150 obras de 79 autores diferentes que servirán para reconstruir a multiplicidade de expresións sexuais identificadas coas siglas LGTBQ (lesbiana, gay, transexual, bisexual e queer). A exposición compleméntase cun ciclo de proxeccións e un seminario sobre as políticas de diversidade sexual.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)