A Frida Kahlo brasileira

A Fundación Caixa Galicia revisa o brasileirismo pictórico de Tarsila do Amaral

A súa obra garda certo paralelismo coa de Frida Kahlo, pola reinterpretación da cultura propia do seu país cunha ollada propia. Pero Tarsila do Amaral (Capivari, 1886-São Paulo, 1973) non é tan popular no noso país coma a pintora mexicana. Para dar a coñecer a súa obra, a Fundación Caixa Galicia e a Fundación Juan March traballaron durante dous anos para poder ofrecer a mostra máis completa que se fixo en Europa. Despois de tres meses en Madrid, a exposición chega hoxe a Santiago (Rúa do Vilar, 19). Nela poderase ver 65 obras desta artista que fusionou as vangardas coa cultura do seu Brasil natal. Unha interpretación que Juan Manuel Bonet, comisario da exposición, define como o “manifesto do brasileirismo”. As constantes da pintura de Tarsila do Amaral, toda unha icona no seu país, pódense apreciar nesta galería.

A Negra, Tarsila do Amaral, 1923, Pintura © Tarsila do Amaral Empreendimentos

A Negra, Tarsila do Amaral, 1923, Pintura © Tarsila do Amaral Empreendimentos

Antropofagia, Tarsila do Amaral, 1929, Pintura © Tarsila do Amaral Empreendimentos

Antropofagia, Tarsila do Amaral, 1929, Pintura © Tarsila do Amaral Empreendimentos

O Mamoeiro © Tarsila do Amaral Empreendimentos

O Mamoeiro © Tarsila do Amaral Empreendimentos

Operários  © Tarsila do Amaral Empreendimentos

Operários © Tarsila do Amaral Empreendimentos

São Paulo, Tarsila do Amaral, 1924, Pintura © Tarsila do Amaral Empreendimentos

São Paulo, Tarsila do Amaral, 1924, Pintura © Tarsila do Amaral Empreendimentos