Moitas novidades na sexta edición dun Festival de Cans que homenaxea a Javier Villaverde

Camila Bossa e Silvino son os gañadores dos chimpíns de prata

11/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Comeza a posta a punto dos chimpíns que percorrerán as corredoiras de Cans (Porriño) durante a sexta edición do seu festival de curtametraxes. Un encontro que terá lugar do 20 ao 23 de maio e que nesta ocasión conta con moitas novidades: a sección Fillos de Cans na que os directores que participaron no certame amosan os seus proxectos; un disco Chimpín para un Dj que pincha desde un chimpín; a gravación dunha serie de televisión en pleno festival ou a celebración dunha visita dos directivos de televisións de todo o Estado convidados polo Clúster. Nesta ocasión, o Premio Pedrigree irá para Javier Villaverde pola súa traxectoria no sector audiovisual, e concederá a Camilia Bossa e a un veciño da localidade (Silvino) os “Chimpíns de prata 09” polo seu traballo a prol do certame.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cans, Festival de Cans, Porriño

Claves

Entidades
Lugares