Manuel Manquiña recibirá o premio de honra do festival de Cans

Recollerá o premio o vindeiro 24 de maio

21/3/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Manuel Manquiña

A súa traxectoria na televisión, teatro e cine son os méritos polos que a asociación cultural Arela acaba de concederlle a Manuel Manquiña o premio de honra do festival de Cans. O premio consiste na escultura “Can de Pedra” do canteiro local Paco Candán e deixar a súa pegada no Torreiro das Estrelas. O acto de entrega terá lugar o vindeiro 24 de maio, no transcurso da décima edición do certame. Canda este premio, os Chimpíns de prata sonp ara a a serie de Zopilote para a TVG Era visto! e para os veciños (catro matrimonios) que cederon as casas da primeira edición do festival.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Festival de Cans, Cans, Manuel Manquiña, Teatro...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares