Ros Marbá dirixe á Filharmonía mentres Eleftheria Arvanitaki actúa na Coruña

Clásica age

9/5/2001 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A axenda musical para mañá xoves preséntase moi variada. Dende a clásica ata o "new age", os afeccionados á música en xeral teñen onde elexir. En Compostela, o auditorio acolle un novo programa de abono, onde Ros Marbá dirixe á Filharmonía. Por outra banda, a cantante grega Eleftheria Arvanitaki encherá o Pazo da Ópera coruñés de música "new age".

Humor, nostalxia e felicidade na música

O director da Real Filharmonía e Galicia, Antoni Ros Marbá, afrontará mañá outro programa de abono. E esta vez faino cun cartel que se resume en tres conceptos: humor, nostalxia e felicidade. Tres sentimentos que están relacionados coas pezas que se interpretarán: a Sinfonía nº 82, "O Oso", de Haydn; os "Wessendonck" (Cinco poemas para voz feminina) de Wagner e a Sinfonía nº 1 de Primavera de Robert Schumann. A segunda obra do concerto contará coa presencia dea mezzosoprano alemana Petra Lang.


Música grega na Coruña

A voz de referencia do descoñecido panorama musical grego chega mañá á Coruña. Chámase Eleftheria Arvanitaki, e é unha figura de culto en círculos "new age". E chega para presentar o seu último traballo "Ektos programmates" onde colaboraron a portuguesa Dulce Pontes e a caboverdiana Cesaria Évora, e no que se serviu de compositores de aluguer coma o senegalés Ismael Lo e o caboverdiano Teófilo Chantre, que lle permitiu dar ó seu traballo o legado rítmico da Asia Menor.
Con Eleftheria Arvanitaki recupérase o rebetika, o estilo vocal dos gregos afincados en Turquía. Un estilo musical que se está poñendo moi de moda na conca mediterránea.

Que che parece esta nova?
18 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGE, A Coruña, Ópera, Sinfonía...