A Real Filharmonía estréase na lírica con "Fidelio", a única ópera de Beethoven

Opera prima

12/2/2002 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Será a primeira vez que a Real Filharmonía se arrisque cunha ópera. E será unha estrea doble. En primeiro lugar porque faino cunha moi especial "Fidelio", o único título lírico de Beethoven. E en segundo lugar porque a formación que dirixe Antoni Ros Marbá se estreará nun dos grandes templos da lírica, o Gran Teatro do Liceo de Barcelona. Unhas citas que xa teñen data. Este xoves (14) en Santiago, o sábado (16) en Vigo, e o día 28 en Barcelona.

Prima, primerísima

Desde que Antoni Ros Marbá se fixo cargo da Real Filharmonía de Galicia, moitas cousas comezaron a cambiar no interior desta formación. De feito, este é o primeiro ano desde a creación da Filharmonía en 1996 en que se cumpla un hándicap que xa se tiñan marcado (mesmo antes de que Helmuth Rilling abandoase a dirección da Filharmonía aludindo como pretexto, nada claro por outra banda, de non interpretar ópera) que era o de poder interpretar un título lírico.
E que Ros Marbá supuxo un novo cambio de aires desta formación musical que cumplirá esta semana un gran reto: interpretar a única ópera composta por Beethoven, "Fidelio". E as citas para vela en Galicia estrán o día 14 en Santiago, e o 16 en Vigo, onde actuarán en colaboración do Coro do Liceo e os cantantes John Treleaven, H. Gierhardt, Robert Hale, Francisco vas e Isabel Monar. Dúas citas ineludibles.

Profeta na súa terra

E Antoni Ros Marbá tamén poñerá en marcha e en representación este programa en Barcelona, a súa cidade natal, onde desenvolveu parte da súa implecable traxectoria artística. E faino, con outra estrea, porque é a primeira vez que a Filharmonía de Galicia actúa na temporada dun dos principais coliseos líricos europeos: o Gran teatro do Liceo de Barcelona. Unha cita que se concretará o día 28 e que supón vencer outro hándicap dentro desta formación que cumple no 2002 seis anos.


Máis ópera


Pero unha vez xa postos coa ópera, a Filharmonía volverá a ter, en breve, no seu repertorio, máis ópera. De feito, logo da súa presentación en Barcelona a Filharmonía prepará exhaustivamente o seu novo traballo, que é a súa incursión no Festival Mozart, que voltará a centrar toda a súa atención no xénero lírico, e que posiblemente ofrecerá, "Cosí fan tutte" do compositor salzburgués e que leva o título da obra. Para esta ocasión, na que contará coa aportación de Laura Polverelli, A. Deshorties, Isabel Monar, Natale de Carolis e José Miguel Ram

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ópera, Beethoven, Barcelona, Teatro...