A Filharmonía de Galicia presenta a temporada de abono despois da primeira xira americana

Calendario musical

16/10/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Despois da súa primeira xira sudamericana, a Real Filharmonía presenta este xoves a temporada musical. Das 30 citas que se sucederán ata o vindeiro 14 de xuño no Auditorio de Galicia, destaca a inclusión no seu repertorio de bandas sonoras cinematográficas. Un día despois, o venres 20, comezará en Vigo unha nova edición do “Are more”, un ciclo de música clásica que este ano conta con dúas liñas de traballo: dunha banda programar concertos fóra de Vigo e, da outra, un cartel de calidade pero sen as grandes figuras doutras edicións. Por último, Patricia Barber e Christian McBride serán os principais reclamos do Festival de Jazz de Lugo que terá lugar entre o 13 e o 18 de novembro.

Máis información nos web da Real Filharmonía e no do Festival de Jazz de Lugo
e do Festival Are More

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jazz, Lugo, Vigo, Auditorio de Galicia

Claves

Conceptos
Lugares