O Microfest achega a Santiago a cultura rap con concertos e proxeccións

Música para todos os gustos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
A axenda musical vén cargada de actos para os próximos días. O máis próximo terá lugar esta fin de semana en Santiago, onde o Multiusos se converte na capital do Hip Hop grazas ao Microfest. Malia que o festival propiamente dito comeza o sábado, hoxe arrinca coa proxección de dous documentais. O luns comeza en Lugo o Festival de Jazz, que presenta un cartel no que destacan os estadounidenses Christian McBride Band, Patricia Barber e o guitarrista arxentino Philip Catherine. A última cita ten lugar en Ourense, onde se desenvolve unha nova edición do “Blues Principal”. Será a partir do 23 coa presenza de grupos galegos como Víctor Aneiros ou “Miki Nervio & The Bluesmakers”.

Máis información sobre o festival de Jazz de Lugo no web do Concello, sobre o Microfest no seu web e sobre Festival de Blues na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Blues, Lugo, Jazz, Documentais...

Claves

Entidades
Lugares