O folk é o protagonista musical en Sarria, Goián e Vigo

En concerto

O Concello de Sarria acaba de sumarse á promoción da música folk cun proxecto de gravación dun disco que recompila as creacións de sete grupos musicais da localidade. Un proxecto que chega no mesmo momento no que o concello lugués acolle a entrega dos premios ós gañadores do Galicia Sonsfolk que recaeu no grupo Druadán. E falando de folk, temos que en Goián "Irtio" ofrece un concerto e Luar na Lubre outro no Centro Cultural Caixanova.

O Concello de Sarria co folk



Sete grupos musicais de Sarria formarán parte do disco conxunto que o Concello pretende gravar durante o próximo mes. Unha iniciativa para que deberán presentar unha maqueta con dúas posibles cancións que formen parte do proxecto. Ademais, o concello serviu de acto de entrega a Druadan por gañar o certame Galicia Sonsfolk 2000. Un certame organizado pola discográfica Sons Galiza en colaboración coa Consellería de Familia.












E concertos folk



A fortaleza de San Lourenzo de Goián en Tomiño, acolle este domingoun concerto do grupo de folk "Irtio". Unha iniciativa que parte da Asociación Cultural Eliseo Alonso, e que pretende amenizar a comida campestre que a Asociación celebra anualmente.
E por outra banda, Luar na Lubre estará mañá sábado no Centro Cultural Caixanova conmemorando os seus quince anos de existencia. E para iso presenta un novo albume recompilatorio das súas creacións.