Os premios musicais de La Opinión consideran "Hepta" mellor disco folk do ano

Podium

O último, e máis elaborado, proxecto de Berrogüetto "Hepta" acaba de ser nomeado polo como o mellor disco de folk galego do ano. Non o dicimos nós, senón o xornal La Opinión, que fixo unha enquisa entre o panel de críticos que traballan nos medios de comunicación galegos ( coa expección de e "El País") para outorgar os seus recén creados "Premios La Opinión da música folk" e obtivo un podium dos mellores traballos musicais. Gaña, por goleada, Berrogüetto; dispútanse unha segunda praza Fía na Roca e Susana Seivane, aínda que a coruñesa quedou ó final en terceiro posto. E a algún deses grupos se poderán ver no programa "Venres folk" que o concello de Lalín organizará durante este mes do cocido. Temos folk para dar e tomar.

Listado e premios


O xornal "La Opinión" partía do feito de que a música folk era o mellor embaixador que tiña Galicia polo mundo adiante. E isto sumado a un contexto musical no que o rexurdir da música folk viña avalado polas boas críticas, a acollida do público ("Carlos Núñez" vendeu uns 150.000 exemplares do seu primeiro disco; ou "Luar na Lubre" colocou 80.000 discos no seu debut con selo Warner, por citar unicamente estes dous exemplos) o medio "La Opinión" consideraba que era o momento propicio para crear uns premios musicais. No fonto rexurdía a intención de potenciar unha música que goza dun grande predicamento en Galicia.
A partires dos traballos publicados no 2001, os tres mellores discos do ano, recibirán o premio, encargado a un artesán que se entregará nunha cerimonia que non ten aínda a data fixada. E eses críticos foron: Salvador Rodríguez (Faro de Vigo), Nonito Pereira (El Ideal Gallego), Manuel Beceiro (La Voz de Galicia), Xoán Manuel Estévez (Batonga), Emilio Españadero (Radio Galega), Óscar Losada (La Opinión), Xesús Serrano (Radio Fene) e Fernando Neira (El País). Uns criticos que coincidiron en destacar a Berrogüeto (unha soa excepción) como o mellor disco, seguido en segundo lugar por Fía na Roca (con "contravento"), que mantivo un forte pulso con Susana Seivane (con "Alma de Buxo"). Tamén houbo que destacar mencións ó debut de Anubía, a despedida de Dhais (en homenaxe a Luís Areán) e a Cristina Pato.












Os venres de Lalín son folk



Cmo ven sendo habitual desde hai uns anos, o concello de Lalín organiza unha nova edición dos "Venres Folk". Un certame que este ano acada a categoría de internacional gracias á presencia do grupo "Gaiteros de Lisboa". Un debut que farán na capital do Deza o vindeiro día 25 a partires das 21.30 horas. A seguinte cita co folk terá lugar o 19 de abril que chegará ó auditorio lalinense "Laio", que ten previso gravar o concerto e incluso editar un traballo cos temas do seu primeiro disco que sairá á luz en marzo.
Os "venres folks" continuarán coas actuacións dos grupos "Irtio" e "Lumberna", que está integrado con compoñentes de A Estrada e Silleda, nun concerto gratuito que terá lugar o día 15 de marzo.
As entradas para os concertos custarán 3 euros (unhas 500 pesetas) e poranse á venda no Concello de Lalín, na Omix, no Café Camilio, Copacabana, Barriga Verde, Cervecería O Galopín, Café Cantigad e Garota do Río.