O Consello da Cultura acolle unha conferencia sobre o estado actual da Declaración de Dereitos Humanos

Dignidade e xustiza para todos é o lema co que a ONU celebra o sesenta aniversario do texto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A finais do 2008 comezou unha celebración destinada a lembrar o sesenta aniversario da aprobación da Declaración Universal de Dereitos Humanos a cargo da asemblea xeral das Nacións Unidas. Dignidade e xustiza para todos é o lema da compaña coa que a ONU reafirma a idea de que a Declaración é un compromiso coa dignidade e a xustiza universais e non algo que se deba considerar un luxo ou unha aspiración. No marco da celebración, o Consello da Cultura acolle esta tarde (17:00 horas) a conferencia do profesor Danilo Zolo, presidente do Centro Jura Gentium (Centro de Filosofía do Dereito Internacional e política global de Florencia), falará contexto político e social actual e a vixencia do texto.

Danilo Zolo é profesor de Filosofía do Dereito da Universidade de Florencia, onde tamén imparte filosofía do dereito internacional e política da globalización, Ten Publicado numerosos libros e artigos centrados a filosofía política, a teoría da complexidade social e a teoría das relacións internacionais. Actualmente interésase pola filosofía do dereito internacional, os procesos de globalización, a teoría do Estado de dereito e os dereitos humanos.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ONU, Filosofía, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), Consello da Cultura Galega