Burla Negra lembrará con múltiples accións a catástrofe do Prestige

DésCALOGO,Manifesto e actividades no aniversario da Marea da Dignidade

28/11/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
24 lecturas | Compartido 0 veces

Baixo o nome de DésPRESTIGE, Burla Negra pretende reactivar as conciencias e movimento social xerado a partir da catástrofe do Prestige, do que se cumpren dez anos. Recuperando o espírito do concerto Expansivo realizado o 1 de Febreiro de 2003, cunhas 150 actuacións musicais, teatrais, plásticas e videográficas simultáneas en toda Galiza, o colectivo declarou o vindeiro 1 de decembro, como o día para recuperar o aniversario da Marea de Dignidade. Ese día desenvolveranse por toda Galicia actuacións de diferente natureza para lembrar o feito e sensibilizar de novo á sociedade galega sobre os riscos permanentes que ameazan a nosa natureza e o noso xeito de vida. O DésCONCERTO EXPANSIVO servirá para ler o Manifesto contra o Silencio, escrito daquela por Manuel Rivas, o DésCALOGO, o breve texto que serve de base á campaña actual e diferentes actuacións que van desde a música ao audiovisual.
As accións esténdense máis alá do 1 de decembro, en colaboración cos centros de ensino de Galicia, pretenden elaborar unha exposicion virtual que compile os traballos escolares que se realizarán este ano para lembrar o que aconteceu durante a catástrofe do Prestige e os meses posteriores.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares