Elena Poniatowska visita Galicia

A autora recollerá a vindeira semana o seu galardón coma Escritora Galega Universal

30/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A visita que fai a escritora mexicana Elena Poniatowska a Galicia para recoller o galardón Escritora Galega Universal inclúe unha completa axenda. Os actos comezarán o vindeiro seis de maio coa conferencia A literatura que vén da rúa que impartirá no Pazo de Fonseca, en Compostela, e na que se lle entregará a estatua de recoñecemento. O día seguinte, xoves 7, presentarase na Feira do Libro desta mesma cidade A filla do filósofo, tradución para a nosa lingua dunha serie de relatos desta autora que edita Galaxia. O venres 8, Poniatowska trasládase á Coruña para participar cunha conferencia na Real Academia Galega no II Encontro Cidade da Coruña. Os actos rematan o día 9 cunha cea na que se lle entregará a pluma que a acredita coma Escritora Galega Universal.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elena Poniatowska, Tradución, Feira do Libro, Feira...