O xoves 30, celébrase no coliseo Noela de Noia o IV Encontro de Creadores do Barbanza. A cita multidisciplinar que coordina a asociación Barbantia contará coa actuación de Xosé LuÃs Miranda, PePe Romero e Sonia Lebedynski, que intercalarán as súas músicas no recital de textos poético. Eva Veiga, Ana RomanÃ, Antonio Piñeiro, Xesús Rábade Paredes, MarÃa do Cebreiro e Helena Villar son algúns dos autores que achegan os seus poema ao evento. Ao tempo, inaugurarase unha exposición de gravados de creadores coma Baldo Ramos, Manolo Figueiras ou Paola GarcÃa. O encontro servirá de presentación para a obra As voces da musa, un volume da colección Bourel de poesÃa que recolle creacións de todos estes autores e que inclúe un CD con temas musicais. Antonio Piñeiro, responsable da edición, presentará esta iniciativa.