Barcelona acolle a presentación de dous proxectos editoriais galegos

A presentación de Biblos Club de Lectores compleméntase coa obra de teatro Revolução

Defínese como unha editora co propósito de desenvolver un proxecto independente, capaz de abrir novos camiños dentro do sistema literario galego. Despois de varioas anos de traballo en Galicia, Estaleiro Editora preséntase agora en Barcelona cos “Poemas máquina de guerra”, primeiro libro publicado por Raida Rodríguez. Na cidade contal tamén terá lugar outra presentación, trátase de Biblos Club de Lectores que achegará o seu proxecto que premite a venda de mais de mil titulos anuais da industria cultural galega (entre discos, libros e películas). O acto rematará coa representación de Revolução, un percorrido por algunhas das grandes revolucións na historia da humanidade, cunha homenaxe especial á Revolução do cravos de Portugal, a cargo da Agrupación Teatral Furafollas.