O Biblos Clube de lectores fai memoria dos seus dous primeiros anos de actividade cun positivo balance

Aniversario feliz

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O 2 de marzo do 2003 deuse a coñecer Biblos clube co lanzamento de 278.000 exemplares da súa revista bimestral. Arestora o club de venda por catálogo de literatura, música e películas conta con preto de 1.500 socios en Galicia, no resto de España e en países como Francia, Gran Bretaña, Portugal, EE.UU. e Irlanda. Nestes dous anos de actividade hai que destacar, alén do éxito comercial do proxecto, as obras publicadas na colección Mandaio e a nova colección dedicada ás mellores traducións realizadas nos traballos de fin de carreira da Facultade de Tradución de Vigo. Biblos promoveu asemade actos en vilas e cidades, nos que participaron escritores e músicos. Tamén é destacable pola súa importancia singular a creación do premio Biblos-Pazos de Galicia a novelas en proxecto.

Máis información neste Dossier dous anos de Biblos

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Biblos, Tradución, Escritores, Literatura...