O clube de lectura Biblos amplía a súa oferta de literatura lusa e organiza un encontro cos autores portugueses

Biblos tende pontes

As editoriais lisboetas Dom Quixote e Caminho súmanse á oferta Biblos a partires de maio. A colaboración con estes editores permítelle ofrecer ao Clube un amplo fondo de autores portugueses e do resto dos países lusófonos. Asemade, arredor do Día das Letras Galegas, Biblos organiza en dúas xornadas o encontro “Falamos entre nós” no que os autores galegos e os socios do Clube poderán intercambiar impresións con autores portugueses. A primeira xornada celebrarase na casa rural de O Soxal en Cesuras o sábado 15 de maio, e consistirá nunha tertulia na que participarán os escritores Gonçalo M. Tavares e Mário Cláudio. Na seguinte xornada, o domingo, os actos comezarán cunha mesa redonda no hotel Palacio do Carmen, na que participarán os anteriores e máis Lois Diéguez e Francisco X. Fernández Naval. Moderará a mesa Arturo Casas. A xornada remata cun xantar cuxo menú está inspirado en receitas de Álvaro Cunqueiro.

Máis información no Biblos Clube