Chega ás librarías o Historias de Galiza III

A editorial amosa o seu interese en continuar a serie

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Chega ás librarías o Historias de Galiza III

Xa está na rúa o terceiro volume da serie Historias de Galiza. O lanzamento continúa coas colaboracións de Idoia de Luxán Vázquez, Jerónimo Piñeiro de Castro, Juan Luis Pérez, Carlos Alfonso Fernández e Jaime Eizaguirre Santillán nos debuxos sobre guións de Carlos Rafael. Desta volta recóllense unha serie de historias ambientadas no noso país entre os séculos XI e XV nun volume de 128 páxinas a cor. Difusora, a editorial que publica a colección co apoio ata o de agora da Dirección Xeral de Xuventude, manifestou o seu interese por continuar a serie e agarda que as mudanzas de goberno no impliquen a retirada de apoios ao proxecto.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude

Claves

Conceptos