Difusora presenta o segundo volume de Historias de Galiza

Repite o elenco de autores do primeiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Difusora presenta o segundo volume de Historias de Galiza

A Casa da Xuventude de Ourense acolle esta mesma mañá, no marco das Xornadas de Banda Deseñada, a presentación do segundo volume da serie Historias de Galiza. A obra, publicada pola editorial Difusora co apoio da Dirección Xeral de Xuventude, comprende unha nova selección de relatos ambientados en diferentes épocas da historia galega. En todos os casos o guión e de Carlos Rafael, mentres que nos debuxos repiten os autores da primeira entrega: Idoia de Luxán, Carlos Alfonzo, Juan Luis Pérez, Jaime Eizaguirre e Jerónimo Piñeiro. A terceira entrega da serie está prevista que saia para finais deste ano ou comezos do vindeiro.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Banda deseñada, Guión, Casa da Xuventude de Ourense...