Difusora inicia a publicación da serie de BD “Historias de Galiza”

BDs na historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Cinco historias de vinte páxinas ambientadas en diferentes épocas do noso pasado compoñen o primeiro volume de “Historias de Galiza”. A editorial Difusora de Artes e Ideas e mais a Dirección Xeral de Xuventude presentaban esta mañá a iniciativa, que conta con guión de Carlos Rafael e debuxos de Idoia de Luxán, Jerónimo Piñeiro, Juan Luís Pérez, Carlos Alfonzo Fernández e Jaime Eizaguirre.

Benito Losada, coordinador editorial do proxecto, explicou que a iniciativa quere contar con novos valores da banda deseñada galega, ofertándolles unha oportunidade de facer carreira neste campo. O proxecto, segundo explicou o guionista, “máis do que unha historia de Galicia conta historias ambientadas en diferents épocas. Tento que os protagonistas sexan máis os que sofren as historia do que os grandes nomes”. A colección suporá en total 25 historias, que se complementarán con anexos bibliográficos e de contexto. Para outono está previsto que saia publicado o segundo volume dos cinco que comporán a serie, co mesmo guionista e a posible incorporación doutros debuxantes.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Guión, Dirección Xeral de Xuventude, Historia de Galicia...