Unhas xornadas pretenden analizar a relación da arte nos espazos públicos galegos

Simón Marchan abrirá as sesións o vindeiro día 22 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Desde as rúas ata os interiores dos edificios, os lugares públicos son espazos para a arte. A relación que se establece entre a creación e o espazo no que se insire é unha das cuestións máis importantes da arte contemporánea. E ese é o obxecto de análise dunhas xornadas que organiza o Consello da Cultura Galega. Coordinadas por María Luisa Sobrino, as xornadas comezan o 22 de abril coa presenza de Simón Marchán. Sophie Hope, Francesc Muñoz, François Schuiten ou Rogelio López son algúns dos participantes nestas xornadas que se desenvolverán ao longo de ano. Ao rematar redactarase e publicarase un informe final sobre a situación da arte nos espazos públicos, prestando especial atención ao caso galego.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte por doquier

Arte por doquier

Unhas xornadas reflexionan sobre o uso da arte nos espazos públicos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega

Claves