Ramón Piñeiro é o persoeiro ao que lle dedica o vindeiro DÃa das Letras Galegas. Unha efeméride que o centro que leva o seu nome (o Centro para a Investigación en Humanidades) vai celebrar cun amplo programa de actividades. En primeiro lugar, cunha exposición que recollerá caricaturas e retratos do galeguista, asà como dos seus amigos, todos eles feitos por Siro. A mostra inaugurarase en maio en Santiago desde onde se desprazará por toda Galicia. En segundo lugar, no mes de maio sairán do prelo unha serie de publicacións que compilarán as cartas que Piñeiro lle remitiu a outros intelectuais como Filgueira Valverde, Ricardo Carvalho Calero ou Marina Mayoral. Canda estas actividades, tamén se publicará un libro de homenaxe a Piñeiro con 13 colaboradores entre os que hai politólogos, polÃticos e escritores.