O Proxecto Terra, co que o Colexio de Arquitectos de Galicia quere introducir a arquitectura e os problemas do hábitat no Ensino, continúa a contar coa banda deseñada na súa nova fase. Se hai uns anos se publicaba no seo desta iniciativa A mansión dos PampÃn de Miguelanxo Prado, desta volta é o Xosé Tomás o autor que se encarga de realizar nada menos que tres tÃtulos, destinados a cadanseu ciclo de Educación Primaria. Segundo explica o autor, "son obras moi didácticas, tiven que lle dar moitas voltas a cada cadriño e colaborei cun arquitecto e un historiador, con vistas a conseguir un proxecto moi fiable, documentado ata o punto das formas das chimeneas e dos tellados. Resultou moi interesante", conclúe o debuxante. En total son tres volumes independentes de dezaseis páxinas publicados con grampa, Un mundo de sensacións, Viaxe cara a fin do mundo e A viaxe de U-lo. De cada unha das obras lanzaranse 30.000 exemplares que comezarán a se distribuÃr de xeito xeralizado nos centros de ensino a comezos do vindeiro curso.