Xosé Tomás fai tres novas BDs para o Proxecto Terra

Os títulos están destinados para cadanseu ciclo de Educación Primaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xosé Tomás fai tres novas BDs para o Proxecto Terra

O Proxecto Terra, co que o Colexio de Arquitectos de Galicia quere introducir a arquitectura e os problemas do hábitat no Ensino, continúa a contar coa banda deseñada na súa nova fase. Se hai uns anos se publicaba no seo desta iniciativa A mansión dos Pampín de Miguelanxo Prado, desta volta é o Xosé Tomás o autor que se encarga de realizar nada menos que tres títulos, destinados a cadanseu ciclo de Educación Primaria. Segundo explica o autor, "son obras moi didácticas, tiven que lle dar moitas voltas a cada cadriño e colaborei cun arquitecto e un historiador, con vistas a conseguir un proxecto moi fiable, documentado ata o punto das formas das chimeneas e dos tellados. Resultou moi interesante", conclúe o debuxante. En total son tres volumes independentes de dezaseis páxinas publicados con grampa, Un mundo de sensacións, Viaxe cara a fin do mundo e A viaxe de U-lo. De cada unha das obras lanzaranse 30.000 exemplares que comezarán a se distribuír de xeito xeralizado nos centros de ensino a comezos do vindeiro curso.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Tomás, Xosé Tomás, Educación, Ensino...