Os actores piden ao novo goberno que cumpra o Plan de Apoio Cinematográfico

O proxecto supuña 5 millóns de euros para rodaxe de producións audiovisuais

7/4/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Foi un dos asuntos máis polémicos da lexislatura do bipartito. O sector audiovisual mesmo chegou a reunirse co presidente, Emilio Pérez Touriño, esixindo que a Televisión de Galicia cumplira a lexislación que a obrigaba a destinar un 5% do orzamento ao apoio. Touriño comprometeuse personalmente co Plan de Apoio e Potenciación Cinematográfica (cun orzamento de 5 millóns) que foi posposto polo proceso electoral. Ante a situación, a Asociación de Actores e Actrices acaba de emitir un comunicado que esixe aos gobernos entrante e saínte a execución das convocatorias en marcha (ademais do Plan de Apoio Cinematográfico o Plan das Artes Escénicas) que supoñen traballo para 2.000 actores e actrices do país.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, Artes Escénicas, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)