Os dous certames que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística xa teñen gañadores. Nacho Cunha, coa obra Sen medo! levou a cámara do primeiro premio no certame fotográfico Enfoca o galego. Pola súa banda, Estela Fernández conseguiu a viaxe de fin de semana a Berlín co que se premiaba o gañador do certame Palabras con gancho. "Televisión" é a palabra coa que se impuxo aos outros 39 participantes.

