Na aínda incipiente creación de banda deseñada galega, é difícil localizar tendencias definidas. No entanto, existe unha corrente que se mantén coma unha constante nos últimos trinta anos. Sexa por vontade didáctica, ideoloxía ou simple gusto, a BD de carácter histórico acumula unha grande cantidade de títulos, con exemplos aínda nas últimas semanas.
Aceptando o comezo consciente da banda deseñada galega nos anos setenta, atopamos xa daquela as primeiras mostras de cómics ambientados no pasado do noso país. O propio Xofre amosa por exemplo historias medievais de Miguelanxo Prado e Xan López Domínguez. Malia a que o carácter underground e experimental do cómic dos oitenta semella deixar pouco espazo para reconstrucións históricas na novena arte, non faltan exemplos neste campo, vencellados, polo xeral, a iniciativas institucionais. En xeral, ata os nosos días, os intentos fóronse sucedendo coma unha constante temática nos nosos cadriños, ben na vertente máis documental ou ensaística, amosando feitos históricos, ben aproveitando as diferentes épocas coma ambientación para historias de ficción.
Apoio público
É ben certo que o interese pola BD histórica obedece en ocasións á maior receptividade da administración á hora de apoiar edicións deste tipo, especialmente na vertente máis documental do xénero. A consideración de que o cómic é unha ferramenta que facilita o achegamento dos máis novos ao coñecemento continúa pesando á hora de conceder apoio público neste campo, e a Historia tense revelado coma un filón, sempre dentro das enormes limitacións da BD galega. Así, o colectivo catalán Nono Art publicou no noso país varios volumes coma Historia da cidade da Coruña, Breve historia de Galicia ou A nosa cultura, centrados neste tema, a comezos dos anos oitenta. De feito, o propio colectivo tiña como principal actividade facer Bds á carta sobre esta cuestión para os daquela nacentes gobernos autonómicos, uníndose neste caso a vontade didáctica destes executivos co interese económico dos artistas. Logo deles, contamos moitas outras Bds históricas que saíron con apoios públicos ou ben co ánimo de que a súa temática podía favorecer unha adquisición masiva para centros de ensino e bibliotecas.
Exemplos recentes
Entre os exemplos máis recentes de obras que contan con apoio institucional, contamos coa edición de Aventura no Camiño de Santiago, de Primitivo Marcos, que leva o logo da Dirección Xeral de Patrimonio cando ao da editora El Patito. Tamén é un exemplo claro nos últimos meses na serie Historias de Galiza, na que varios autores ilustran os guións de Carlos Rafael, e que publica Difusora co apoio da Dirección Xeral de Xuventude. Pola súa banda, acabado de saír, Os lobos de Moeche de Manel Cráneo, está vencellado aos materiais de promoción deste castelo. Os propios Barbanzóns de Pepe Carreiro naceron hai uns anos coma unha encarga. Toxosoutos estaba interesada en facer algo para promocionar o Castro de Baroña, tiña un acordo co Concello de Porto do Son, e encargáronme isto, explica. A serie, no entanto, desenvolveuse con autonomía a respecto deses obxectivos iniciais. Como evolución xeral neste tipo de producións, pódese sinalar que semella que nos últimos anos está a se ver unha maior preocupación polas historias en si fronte ao interese didáctico, ficando o contorno histórico coma unha mera ambientación. Polo xeral, falamos de creacións nas que se centra a narración en determinados personaxes inventados, no lugar de trasladar á BD grandes feitos históricos.
Autores e apoios
As administracións e moita xente ven a banda deseñada fundamentalmente coma un vehículo didáctico, explica Pepe Carreiro. Mesmo se contempla coma un paso intermedio para chegar á literatura, e nese sentido apóiase máis. No entanto, eu procuro desmentir isto, e a verdade é que a banda deseñada con tema histórico pode desbarrar tanto coma calquera outra. Eu mesmo nos Barbanzóns tento afastarme da Historia e meterme máis no humor. Pola súa banda, Primitivo Marcos contempla tamén a dualidade entre o gusto persoal e as oportunidades de publicación do xénero. O interese pola BD histórica é persoal. Ademais de Aventura fixen outras historias para a Deputación de Lugo sobre María Castaña, Pardo de Cela ou o Marqués de Sargadelos, en parte porque o solicitaban para unha publicación, pero tamén é un gusto bastante arraigado. Penso que porque teño unha certa habilidade para poder recrear ambientes de distintas épocas. Alén do apoio institucional, Marcos apunta que o xénero ten características propia que poden espertar o potencial interese do público. Tamén en Francia hai moitísima produción de corte histórico. Pode ser que o interese da xente veña polo certo exotismo que achega a ambientación, por exemplo, a unha historia de xénero negro ambientada no século XIV.
O interese do autor
A seguir ese interese persoal, existen obviamente obras que, segundo confesan os seus autores, xurdiron por puro interese persoal e mantéñense sen apoios públicos para a súa publicación. Así o aseguran os autores de Gallaecia, Miguel Ángel Vigo e Iván Rodríguez Esfenodon, Fran Jaraba e a súa triloxía As aventuras de Maxi Torres, ambientada na Guerra da Independencia cubana, ou Pepe Carreiro con A retirada de Sir John Moore. Foi cousa miña. Teño un grande interese por este período histórico e decidín facer algo. Ía ser unha triloxía, pero polo momento quedou nun só volume, explica. Tamén se pode incluír neste apartado a serie de Gochi arredor do pirata Trasmallo, ambientada nunha suposta Galicia situada entre os séculos XVII e XVIII. A obra viu sucesivas encarnacións na revista Golfiño, nunha edición apoiada polo Concello de Rianxo e finalmente unha última autoeditada polo autor.
As últimas Bds documentais
Canda a estas, como non, continúan aparecendo nos últimos anos exemplos de publicacións con interese fundamentalmente didáctico que procuran reflectir os feitos de determinado período histórico, aínda que admitan unha maior ou menor dose de autoría persoal. Podemos falar, por exemplo, da recente serie sobre os 800 anos de historia da Cidade da Coruña na que Norberto Fernández facía un percorrido pola historia local e que promoveu La Voz de Galicia. De xeito semellante, continúan saíndo de xeito esporádico producións que recuperan a historia local de determinados lugares, coma Corcubión, Vilar de Santos, Noia ou Compostela. A proposta sobre esta última cidade, no entanto, amosa unha certa ruptura na tendencia institucional deste tipo de obras. A edición que fixo Toxosoutos en 2003 desta obra de Pepe Carreiro, con 10.000 exemplares de tiraxe e versións en catro idiomas, amosa a vontade de situar a BD no campo da mercadotecnia turística.
O potencial didáctico
Encol das posibilidades artísticas destas producións, mesmo as feitas por encarga, Norberto Fernández sinala que para min a BD histórica é máis ou menos un derivado do xénero de aventuras, que é un dos meus favoritos. Dáche a posibilidade de mudar constantemente de escenarios, vestiarios e épocas, e isto é moi interesante.Sobre o seu interese didáctico ten claras as posibilidades dos cadriños históricos. Se as institucións queren que os nenos aprendan Historia desde pequenos e non lle collan manía, o mellor é aproveitar a banda deseñada. Mesmo ten máis potencial do que os documentais. Un neno colle o cómic e vaino lendo ao seu ritmo, pode pararse e comprobar detalles históricos nas roupas ou nos obxectos. E se está ben feita é como ler unha historia de aventuras. De cara a conseguir estes obxectivos, Fernández explica algúns dos recursos que desenvolveu xunta ao guionista Enrique Vázquez Pita no seu percorrido pola historia herculina. Para que quedase algo entretido, procuramos compaxinar os feitos históricos estritos con historias de personaxes secundarios que non están documentados. Entón introducíanse no contorno e na situación histórica para enriquecer a trama e meter toques épicos, de humor e mesno algunha crítica, completa.
BD e identidade
Outra constante máis ou menos habitual das Bds históricas galegas ata a data é o seu ton máis ou menos identitario. Polo xeral, as obras percorren toda ou parte da historia transcorrida no noso país desde unha perspectiva positiva ou recuperan feitos illados máis ou menos importantes cunha óptica galeguista, como a Guerra da Independencia ou a Idade Media. Levando esa reivindicación ao primeiro plano da trama, a comezos dos noventa viron a luz dous álbums nos que a vocación didáctica, lonxe de servir para procurar apoios públicos, púñase ao servizo da ideoloxía política. História da língua em banda desenhada do colectivo Pestinho (1992) e mais a História da Galiza em banda desenhada, de Leandro Lamas (1995) facían un percorrido cronolóxico do noso devir desde perspectivas reintegracionistas e independentistas, obtendo nos dous casos sonados éxitos de vendas. Tamén con perspectiva reivindicativa, aínda que contando cun grande compoñente autoral, saía a comezos deste 2009 Compañeiros de José Tomás, que retrata a morte dos represaliados polo franquismo no Portiño, A Coruña. Tamén se pode incluír nesta liña reivindicativa, Galiza acorda, que recupera en clave heróicas as figuras de Andrés Barallobre e Pardo de Cela e que editou recentemente Radiofusión.
A BD castrexa
Dentro do xénero histórico, atopamos desde os anos oitenta exemplos que inician o que está chamado a ser todo un subxénero: os cómics ambientados na época castrexa, habitualmente trasuntos de Astérix. As aventuras dun neno galego de Bofill e Xesús Franco amosaban en Faro de Vigo (posteriormente recompiladas en dou álbums) unha idealizada vida da época, incluíndo mesmo un curioso secundario que compartía modelo de pantalóns co propio Obélix. Cun maior nivel de orixinalidade, atopamos Os compañeiros que Miguelanxo Prado ilustraba en La Voz de Galicia (neste caso cunha vitaminada versión de Ideafix). A finais da década atopamos os seguintes exemplos de BD castrexa: Os viaxeiros do tempo, de Urbano Fra e Fausto e O máxico arrecendo, de Angel Manuel e José Ramón Benavente con debuxos de Fran Bueno querían ser o punto de partida de senllas series xuvenís que non chegaron a ver a luz. No entanto, foi a finais dos noventa que atopamos unha serie que retoma época con forza: Os barbanzóns de Pepe Carreiro, óllase sen complexos na serie de Goscinny e Uderzo e propón unha lúdica visión do noso pasado a partir dos supostos habitantes do Castro de Baroña.
Pendentes da vindeira publicación do terceiro volume de Historias da Galiza, semella claro que a Historia ten pulo dentro da banda deseñada. Como sinalamos, nos últimos anos semella afianzarse a ficción histórica, que achega moita máis liberdade ao autor do que as obra puramente cronolóxicas ou documentais. Quizais este sexa un signo de madurez que nos permita ver en breve grandes obras neste xénero que, alén das súas posibilidades didácticas ou promocionais, funcionen de xeito independente e permitan unha maior difusión a novena arte no país.