Un cedé e un deuvedé recollen as melodías cantadas no ciclo anual da tradición galega

O proxecto está elaborado pola Asociación de Gaiteiros Galegos

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Antes de que houbera formas tecnolóxicas de medir o tempo como son os reloxos, a xente guiábase polo sol e pola lúa. Era unha forma de adaptar a vida ás diferentes épocas do ano (a pascua, o maio, o magosto...) que sempre estiveron acompañadas de melodías. A Asociación de Gaiteiros Galegos decidiu facer un traballo que reunise música para doce meses (ou trece lúas) que lembrasen o ciclo anual da tradición galega. O resultado é 13 lúas, un cedé e un deuvedé, que recollen tanto as cancións así como un documental didáctico sobre o calendario lunar.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

12 meses, 13 lúas

O novo traballo audiovisual da Asociación de Gaiteiros repasa o calendario lunar

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Gaiteiros Galegos, Documental

Claves

Conceptos