
Pola súa banda, Xulia Feixoo impartirá un obradoiro sobre como realizar recollidas de pezas musicais con métodos etnográficos e Mercedes Peón afondará no papel das mulleres como transmisoras da tradición. O coloquio final "Perspectivas de xénero sobre a música tradicional" reunirá a Xulia Feixoo, Mercedes Peón, Noemi Basanta Llanes e Marina Vigo arredor dos temas tratados na xornada.
A Asociación emitiu tamén un comunicado o pasado 13 de novembro a reivindicar un protocolo especÃfico que regule a actividade das escolas de música e baile tradicionais ante as restricións sanitarias polo Covid-19. Segundo denuncia o colectivo, o feito de que as ordes da Xunta neste sentido deixan en mans dos concellos a xestión de locais municipais está a provocar en moitos casos o feche de espazos dedicados a estas actividades.