Convocadas as primeiras axudas automáticas do audiovisual

A contía todas desta liña de subvencións ascende a 600.000 euros

A Axencia Galega das Industrias Culturais acaba de convocar as primeiras axudas automáticas do audiovisual. Unhas axudas novidosas por numerosos motivos, entre eles porque se conceden as axudas a fondo perdido a producións estreadas (entendida como comercial ou venda en televisións en aberto ou pechado) conforme a uns criterios obxectivos. En total destina 600.000 euros a longametraxes e series de televisión e entre os criterios a seguir destaca a asistencia de público nas salas de cinema galegos, os contratos en firme que teña con canles de televisión e contratos firmes con distribuidores de vídeo/DVD, venda de dereitos, así como a difusión en festivais de cine. Ademais, as axudas serán maiores se están rodadas en galego e, no caso dos telefilmes haberá primas se se empregan directores noveis e se a participación das mulleres supera unhas determinadas porcentaxes.