Docampo retoma a súa actividade como rector reclamando títulos oficiais

Menosters

Rematar unha carreira ¿e logo que?. Esta é unha pregunta que se fan habitualmente moitos estudiantes que acaban matriculados en gran cantidade de másters e de cursos, que proliferan hoxe en día. O recén reelexido rector da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, acaba de facer unha chamada á cordura apostando pola necesidade de establecer títulos de validez oficial, con precios públicos e amplicar a oferta de másters públicos. E mentes Docampo segue no rectorado, o que foi rector de Santiago durante os últimos oito anos despedíuse cunha multitudinaria homenaxe no Pazo de Congresos e de Exposición.

Docampo

Domingo Docampo, o rector da Universidade de Vigo, estivo onte no Parlamento ante a Comisión de Educación e lanzou duras críticas ó sistema de formación complementaria logo de estudiar unha licenciatura. Para Docampo resulta indamisible que "a un licenciado universitario lle custe máis un ano de máster que os cinco ous seis que durou a súa carreira". Un feito que, segundo o rector, se debe a varios factores. En primeiro lugar, a que a un licenciado se lle esixa unha formación análoga, en segundo lugar, poruqe non se lle esixen uns parámetros de calidade determinados. E, nese sentido, Docampo ofreceu as súas solucións. É defensor da homologación oficial, a necesidade da existencia dunha oferta ampla de másters públicos, pero tamén cunha política de prezos tamén pública.
E mentres Docampo estaba no Parlamento explicando a necesidade dunha formación pública para os titulados universitarios, a oposición pídelle a Docampo unha maior celeridade na constitución do novo Claustro. Unhas peticións ás que desde o rectorado se explicou que non se conclueu a elaboración da base de datos dos novos claustrais, de forma qeu se lles poda enviar as convocatorias para as reunións deste órgano de goberno. Un órgano que ten como principal misióna elaboración e aprobación dos novos Estatutos da Universidade polos que no futuro ha de rexirse a institución segundo establece a nova Lei Orgánica de Universidades.











Homenaxe


Mentres Domingo Docampo fai fronte á nova lexislatura á fronte da Universidade de Vigo, en Santiago a Universidade tocaba a despedida. E era a do seu último rector, Darío Villanueva, que xuntou no Pazo de Congresos e de Exposicións a 700 persoas, entre elas personalidades do ámbito político, culutral e universitario. Entre elas estaba Senén Barro, que é o rector electo e que tomará posesión do seu cargo o vindeiro día 17.